POLAROIDS

by Damian Ucieda Cortes

polarodis box1

POLAROIDS
ESPAZO MIRAMEMIRA
_____________________________________________________________________
Inauguración 20:00   18 de Abril  –  31 de Maio 
Espazo Miramemira 
Rua do Home Santo 45 Baixo   Santiago de Compostela

16/04/2013 | Miramemira, empresa adicada ao audiovisual, abre o vindeiro xoves 18 dende as 20:00 un espazo de arte no que de xeito periódico, baixo a dirección do equipo curatorial Os Tres, poderanse ver diversas propostas artísticas cuxa liña de acción vai partir do interese polos medios audiovisuais.
O fotógrafo Damián Ucieda vai ser o primeiro artista en ocupar o espazo cunha mostra que, lonxe das súas habituais imaxes de gran formato, amosa a cara menos visible do seu traballo. Unha caixa chea de bosquexos e polaroids nas que podemos distinguir os momentos previos á instantánea definitiva. Os comisarios, lonxe de convencionalismos, queren amosar unha cara diferente da que o espectador adoita observar.
A mostra, que estará aberta ata o 31 de maio, poderase ver en horario comercial de mércores a venres ou concertando previamente a visita mediante correo electrónico a info@espazomiramemira.com.

Damián Ucieda (A Coruña, 1980) formado entre a Escola Massana de Barcelona e o Edinburg College of Art, parte na súa fotografía da creación de escenarios nos que a acción que se desenvolve responde a unha montaxe premeditada.
Herdeiro do modo de traballar de fotógrafos como Jeff Wall, Lorca diCorcia, Andreas Gursky ou Thomas Struth, Ucieda é un fotógrafo do instante, de instantes perfectamente preconcibidos nos que nada queda ao azar.
Situacións creadas coa firme convicción de amosar momentos probables, sen dúbida, pero que agochan escenas nas que a interpretación do espectador xoga un papel esencial.
Cun traballo que, malia a súa curta idade xa forma parte dunha nova escola de fotógrafos a nivel internacional, podemos atopalo en importantes coleccións de arte e nos certames e mostras colectivas máis importantes.

polaroid1polaroid4polaroid3polaroid5 polaroid2polaroid6

Advertisements